Esta nova arpista viguesa inicia os seus estudos arpísticos ós 12 anos de idade, matriculándose en arpa celta na “Escola de Artes e Oficios de Vigo”, actual E-Trad, baixo a tutela de Rodigo Romaní. Posteriormente as súas inquedanzas musicais a conducen a complementar os seus estudos recibindo periódicamente masterclass de Céline Landelle en arpa clásica. No 2008 é admitida no Conservatorio Superior de Musica de Salamanca, onde recibe clases de Marianne ten Voorde. En 2009 ingresa en Musikene (Donostia/San Sebastián), centro de referencia musical a nivel europeo, con Frédérique Cambreling como docente. Posteriormente recibiu clases no mesmo conservatorio de Christine Icart. Rematou os seus estudos en 2013 coas máis altas calificacións.

A súa experiencia no escenario abarca diversos ámbitos. O seu currículo inclúe frecuentes colaboracións coa Orquesta Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia ainda que tamén colaborou con orquestras como a Sinfónica de Castilla y León, Orquesta Sinfónica de Euskadi, Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Orquestra Sinfónica Vigo 430 ou Orquestra Gaos, ó igual que numerosas colaboracións con bandas de música profesionais e semiprofesionais, actuando dende certames provinciais ata internacionais. Formou parte da Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia e da Joven Orquesta Nacional de España. Dende a finalización dos seus estudos realiza concertos como recitais de arpa, concertos de solista con orquestra ou concertos

de cámara.

Fóra do ámbito clásico foi componente da Orquestra Folk Sondeseu, coa que grabou 3 discos e participou en concertos e festivais de gran prestixio en varios países europeos (Portugal, Francia, Irlanda) como o Festival Interceltique de Lorient, Festival do Mundo Celta de Ortigueira, etc. Asimesmo tamén participo una grabación de 3 bandas sonoras dos seguintes filmes: Pradolongo (2007); Los girasoles Ciegos (2008); A Casa de Luz (2009).