Sondeseu Orquestra Folk de Galicia é a única formación do seu xénero en España e unha das primeiras orquestras folk europeas. Fundouse no ano 2002 e ven realizando un traballo orixinal tanto de recreación e adaptacións da música de tradición oral como de novas composicións ao fío dos sons da tradición musical galega. Ten participado en numerosos concertos e festivais en Francia, Italia, Irlanda, Finlandia e Portugal, asi como en diversas cidades de España e conta con catro traballos discográficos distinguidos con premios e mencións. Varios compoñentes  da sección de arpa preparan un concerto especial para este festival. Son


Bea Martínez 
Olalla Vidal
Nicola le Creurer
Laura Barreiro
Inés Lorenzo