Gradúase en arpa no Conservatorio Superior A. Casella de L'Aquila con matrícula de honra en interpretación solística. Perfecciona os seus estudos musicais con Fabrice Pierre, Anna Loro, E.Fontane Binoche, Judith Liber, Marie-Pierre Langlamet y Frederique Cambreling. Tamén estuda arpa celta e paraguaia na Fundación Arts Academy en Roma.

No 2005 consegue unha beca no Conservatorio Superior de Música do País Vasco "Musikene", de San Sebastián, e se gradúa en arpa baixo a guía de Frédérique Cambreling e Christine Icart en 2012. En 2006 gaña unha beca na Academia de Orquesta do Teatro Maggio Musicale Fiorentino en Florencia (dirección de Zubin Mehta) e en 2011 na Academia de Música Contemporánea de Lucerna baixo a dirección de Pierre Boulez.

É solista convidada por orquestas de renome como Officina Musicale Italiana, Orquesta Sinfónica di Pescara, Orquesta Filarmónica de Oviedo, Ensemble de Musica Contemporánea Zahir de Sevilla, Orquesta Sinfónica de Euskadi, Ensemble Kaabestri como solista, Orquesta Sinfónica de Bilbao, Ensemble Kuraia, Orquesta de Pau en Francia, Orchestra Regionale Umbra y Camerata Strumentale di Prato en Italia, Orquesta Sinfónica Nacionalde Alxeria actuando como solista; coa orquestra alemana Das neue Orchester de Colonia, e o Ensemble Intercontemporain de París. Con esta última agrupación participa nunha xira europea baixo a dirección do Maestro PierreBoulez, exhibíndose en prestixiosas salas de concerto como KKL de Lucerna, Salle Pleyel de París, Prinzenregententeather de Mónaco de Baviera, Concertgebouw de Amsterdam, Royal Festival Hall de Londres.

En 2015 foi convidada pola Embaixada Italiana de Alxeria e o Instituto Italiano de Cultura para ofrecer un recital no Auditorium da radio nacional de Alxeria. Grabou para as casas discográficas Claves, Equilibrium music, Elkar.