Nace en Santiago de Compostela, onde inicia os seus estudos musicais. Estuda arpas antigas dos séculos XII a XVIII en Madrid con Nuria Llopis e en Milán con Mara Galassi. Colaborou con numerosos grupos como Les Musiciens du Louvre, Al Ayre español, Capilla Jerónimo de Carrión,  Musica Ficta, Capela de Ministrers, Ensemble Elyma, Camerata Iberia, La hispanoflamenca, La galanía, Musica Temprana, Ars Longa, La Trulla de vozes, Orquesta barroca de Sevilla, coro nacional de España, etc. nos máis importantes festivais de España, Alemania, Cuba, USA, Ecuador, República checa, Paraguay, Austria, Portugal, Suiza, Francia, Bolivia, Bélgica, Argentina, Italia, Chile, Holanda, etc...Tamén realiza concertos como solista con programas centrados na música barroca española, americana e italiana,(concertos ofrecidos en Holanda, Chile, España, USA e Cuba), ademáis de conferencias e cursos a través de diferentes países.

Colaborou tanto como acompañante como solista en máis de 60 discos con diferentes grupos e discográficas. Participou en produccións operísticas en París e Viena (L´incoronazione di Poppea, de Monteverdi), Madrid, Ginebra e México (La Púrpura de la Rosa, de Torrejón y Velasco), Munich, Vigo e San Sebastián (Orfeo de Monteverdi), así como na recuperación da obra escénica Andrómeda y Perseo no corral de comedias de Almagro e nas representacións da zarzuela Salir el amor del mundo de Sebastián Durón no teatro Arriaga de Bilbao. Foi o primeiro arpista en ofrecer un curso de arpa barroca española en Estados Unidos e en Cuba.

Actualmente atópase centrado nun ambicioso proxecto de recuperación de pezas vocais do barroco español interpretadas exclusivamente co acompañamento da arpa de dúas ordes, tal como se facía na época. Deste proxecto ata este momento sairon catro discos compactos: un para o selo Naxos coas tonadas de Sebastián Durón coa soprano Raquel Andueza, outro coa mezzo Marta Infante titulado “Tonos al arpa” para o selo Enchiriadis, un terceiro coa soprano Estrella Estévez para o selo Arsis e moi recientemente para o selo “La ma de Guido” os tonos de José

Marín xunto ó tenor Felix Rienth.

É o director artístico do proxecto de grabación dos 100 tonos do Manuscrito Guerra (século XVII), manuscrito que investiga desde fai máis de dez anos, e cuxa grabación integral publicará a discográfica Naxos en 6 discos compactos. Os dous primeiros cds desta serie, realizados xunto á soprano Isabel Monar e o tenor Juan Sancho, saíron ó mercado en 2011 e 1012 respectivamente. Foi convidado polo festival de Franders (Bélgica) para dar unha masterclass sobre arpas antigas ibéricas e foi asesor no proxecto patrocinado pola Generalitat Valenciana de recuperación dos instrumentos dos frescos da catedral de Valencia.

En 2007 funda o grupo Ars Atlantica, que se presenta no festival Via Stellae (Santiago de Compostela) coa estrea en tempos modernos das cantatas procedentes do palacio que a familia Contarini posuía cerca de Venecia. A grabación destas cantatas, xunto á mezzo Marta Infante, foi galardoado en Holanda co premio “prelude classical music” como uns dos mellores discos de música antiga do 2010.

Asimesmo, é pioneiro no estudo de certo tipo de arpas hoxe totalmente esquecidas, como arpa xesuítica chiquitana (Bolivia, século XVIII), e a arpa dobre que circulaba pola coroa de Aragón no

século XIV, que presentou recentemente interpretando obras de Guillaume de Machaut.

Unha das súas especialidades é ofrecer recitais con cantantes: acompañou a Marta Infante, Guillemette Laurens, Raquel Andueza, Isabel Monar, Juan Sancho, Roberta Invernizzi, Mercedes Hernández, Marivi Blasco, Jose Antonio López, Isabel Álvarez, María del Mar Fernández Doval, Lidia Vinyes Curtis, Francisco Fernández Rueda, Yetzabel Arias, Monica Piccinini, etc.

Recentemente foi convidado a representar a España no VI festival mundial de arpa na cidade de Asunción (Paraguay) sendo o primeiro arpista en ofrecer un recital de arpa de dúas ordes neste país.