Orquestra Sinfónica Vigo 430.

 

A Orquestra Vigo 430 foi creada no ano 2005, partindo como unha pequena orquestra de cámara coa intención de crear un núcleo de corda de calidade para xa a partir do ano 2008 abordar progresivamente o repertorio sinfónico, pasando entonces a denominarse Orquestra Sinfónica Vigo 430 (OSV430).

A orquestra está formada na súa maioría por músicos profesionais, e complétase con moitos dos máis brillantes expoñentes da canteira musical do noso país, que cursan os seus últimos anos de carreira previos á súa incorporación ao mundo profesional.

A orquestra considerou este aspecto como un trazo significativo da evolución e o grao de consolidación da música orquestral profesional da nosa sociedade, por canto demostra que é perfectamente posible conseguir un alto nivel de calidade con profesionais da propia terra, formados no noso sistema; sen desdeñar a posibilidade de contar con músicos foráneos que, con carácter de invitados e pola súa excepcional calidade enriquecen a sua labor formativa, creativa e divulgadora.