Nacido en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo na
arpa céltica, a zanfona e o bouzouki.

Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a
formar parte de Milladoiro, a formación máis internacional da música galega, no ano 2000.

Tras casi unha década no grupo, en 2009 comeza a sua carreira en solitario coa publicación de
Lendas douradas. Este primeiro traballo, do que destaca o single Ninfa das Frescas Augas, convértese rápidamente no disco máis vendido en Galicia ese mesmo ano.

En 2011 publica Maxicamente vello, no que novamente realiza unha interpretación da música
galega dende unha visión contemporánea. Con este disco realiza unha xira de máis de 50 concertos
por todo o estado español e recibe numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio
Internacional Cubadisco recibido en La Habana en 2014, o prestixioso galardón concedido
na illa caribeña que o ano anterior recibira Paco de Lucía.

En 2014 publica Donos do noso destino, co que emprende unha xira internacional en Suiza,
Uruguai, Arxentina e Cuba. Neste mesmo ano recibe o Premio Bo e Xeneroso por parte da Fundación Eduardo Pondal.

Tamén en 2014, varios temas da discografía de Roi Casal son seleccionados como banda sonora
das exitosas series de TVG “Caseiros” e “Pazo de Familia”.

O estilo moderno e contemporáneo deste artista, combinado cos aportes do lugar do que é orixinario, sitúan a Roi Casal como unha das referencias da música galega actual mais alá das nosas
fronteiras.